• Fachada CYTMA
  • Cabecera latas
  • Frescos
  • Elaboracion atun
  • Pescas
  • lab
  • sala
  • Receta

Buscar en toda la web

CalendarioEventos

       
  
 
 
 

 
 


 
 
 
 
 

Fondos Publicos

  
 
      
 

 

O Proxecto titulado "Creación dunha Plataforma como Ferramenta para a xestión da información e as comunicacións no sector Mar-Industria” (con acrónimo REDETAG), foi presentado o 28 de maio do ano 2010 ao abeiro da Resolución do 15 de abril de 2010, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións aos proxectos de cooperación empresarial para o fomento da empresa dixital no ámbito do Plan Avanza na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), e se procede á súa convocatoria (procedemento administrativo PR519A).

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, con data do 9 de setembro de 2009, ditou resolución de concesión de subvencións ao abeiro da citada convocatoria, publicándose no Diario Oficial de Galicia o 7 de outubro de 2010 (DOG nº 194).

A cuantía total da financiación obtida para o desenvolvemento deste proxecto foi dun total de 81.067,20 €, correspondendo ao 80% do orzamento total. Este proxecto está cofinanciado polo fondos FEDER e polo Ministerio de Industria, Turismo y Comercio,
en virtude da addenda 2008 ao convenio marco de colaboración coa Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento do Programa peme dixital, no ámbito do Plan Avanza asinada o 4 de xullo de 2008.

O proxecto, liderado por ANFACO-CECOPESCA e desenvolvido en colaboración coas empresas CTI Consultores e LEVEL TELECOM, desenvolve unha solución común para as empresas do sector, creando un núcleo integrador de xestión e información na Industria. Desta forma, as empresas poderán optar a unha ferramienta que integra a información de tódolos procesos e de determinados puntos de control. Tendo en conta as particularidades de cada empresa, a plataforma ten a vantaxe de se adaptar aos sistemas actuais de gestión das mismas, podendo adoptalo de forma personalizada e complementando os sistemas de información xa existentes.

No seguinte arquivo poderán consultar a memoria final do proxecto, cos resultados tanxibles obtidos nel. 

 

REDETAG by ANFACO-CECOPESCA is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Spain License.


 volver