• Fachada CYTMA
  • Cabecera latas
  • Frescos
  • Elaboracion atun
  • Pescas
  • lab
  • sala
  • Receta

Buscar en toda la web

CalendarioEventos

 
      
 
 
 
 

 
 
 

 


Noticias

IV Xornadas divulgativas sobre o papel da muller no sector pesqueiro e conserveiro: Mulleres de Cine

8 de novembro, 18:00 h 

Antigo Reitorado da Universidade de Vigo Rúa Oporto, 1 
O consorcio conformado pola Fundación Clúster de Conservación de Productos del Mar (Fundación promovida por ANFACO-CECOPESCA) e a Fundación para la Pesca y Marisqueo (FUNDAMAR) presentan as IV Xornadas divulgativas sobre o papel da muller no sector pesqueiro e conserveiro: Mulleres de Cine. 

O obxectivo principal das Xornadas é salientar o papel estratéxico da muller no sector extractivo e transformador dos produtos do mar, recoñecer o esforzo realizado no pasado, o presente e o futuro. Elas configuran un alicerce fundamental da nosa sociedade e da comunidade pesqueira e conserveira, xa que participan en toda a cadea produtiva, dende a extracción ata a comercialización final do produto. 

Nesta ocasión poñemos o foco no protagonismo das mulleres do mar no noso cine, tanto documental como de ficción. Os invitados e invitadas da mesa redonda serán o cineasta Álvaro Gago Díaz, autor de Matria, a curtametraxe multipremiada e galardoada no mítico Festival de Sundance, cuxa protagonista traballa na fábrica Daporta (Cambados) de conservas de peixe e marisco, que mudou a súa produtividade polo plató de cine.
Contaremos tamén co seu xerente, Alejandro Daporta. Doutra banda, Cruz Piñón presentará o proxecto audiovisual Teño unha horta en San Sadurniño, que inclúe o documental realizado polas antigas traballadoras da conserveira El Cisne, Historia do cisne, o atún e a troita. Finalmente, Xisela Franco moderará a mesa redonda e introducirá o seu documental poético La última batea, suxestivas imaxes para despedir a derradeira batea de ostras da Ría de Vigo da man da súa propietaria.  

Salientamos, no eido do traballo da muller do mar e do cine, o premio recibido por FUNDAMAR da Association for Women in the Seafood Industry (WSI-ASSO) na derradeira edición do certame de curtametraxes sobre a muller no mundo da pesca, Puntada Invisible de Henry Robusto, curta sobre as redeiras do Berbés. 
Asinamento do convenio Sereas 

A experiencia conxunta e a visión de ambas as entidades sobre as cuestións de xénero no noso sector, que representan a transformación e a extracción dos produtos pesqueiros, púxonos na pista no baleiro de rexistro das experiencias laborais e persoais femininas no mundo do mar en Vigo e a súa ría. Polo tanto, na procura da salvagardar a memoria da muller e contar a historia do mar en clave de xénero, FUNDAMAR e a Fundación Clúster de Conservación de Productos del Mar asinarán un convenio de colaboración para acometeren xuntas a divulgación e o rexistro feminino dos labores do mar.  
 

Sobre la Fundación Clúster de Conservación de Productos del Mar:


A Fundación Clúster de Conservación de Productos del Mar é unha entidade sin ánimo de lucro amparada por ANFACO-CECOPESCA para contribuir á promoción cultural e social do sector conserveiro. Entre os seus labores destaca a xestión do MUSEO ANFACO da "Industria Conserveira" e todas aquelas actividades que promovan e impulsen o patrimonio cultural, industrial, artístico e bibliográfico da industria transformadora de produtos do mar. Forma parte da mesma, o Observatorio de Trazabilidade para a defensa dunha competencia leal no mercado do atún da UE, impulsando a vixilancia e o control do cumprimento da normativa vixente en aspectos tan relevantes como o cumprimento da IUU e a sustentabilidade dos recursos, o respecto dos dereitos humanos e laborais, e a calidade e a seguridade alimentaria. 

Sobre la Fundación para la Pesca y Marisqueo: 

A Fundación para la Pesca y Marisqueo, FUNDAMAR, constituída en Vigo no ano 2010, é a única organización dentro do sector pesqueiro cunha representación paritaria de empresarios e sindicatos (ARVI, CCOO e FeSMC UGT), conformando deste xeito a maioría da representación no ámbito social e económico da pesca marítima e o marisqueo na Comunidade Autónoma de Galicia. 

FUNDAMAR, desde a súa constitución, desenvolve a súa actividade ao redor de catro áreas de traballo: a seguridade e saúde laboral, a formación e promoción, a sustentabilidade e as cuestións de xénero, co obxectivo de contribuír á visibilización, empoderamento e valorización do papel da muller, necesario para acadar que a igualdade entre mulleres e homes sexa real e efectiva. 

Máis Información  

IV XORNADAS: OBXECTIVOS E PROGRAMA 

Nestas Xornadas pretendemos evidenciar a verdadeira importancia das mulleres no sector marindustria, abranguendo os eidos laboral, sociolóxico e histórico. 

Nas primeiras e segundas Xornadas tratouse o papel da muller no sector conserveiro, dende o eido laboral e económico, e a experiencia positiva foi todo un estímulo. Por iso, as segundas centráronse no papel das empresarias, escasamente representadas nos postos directivos neste sector. Nas terceiras Xornadas, o protagonismo foi de todas elas: as empresarias, as obreiras e tamén as pioneiras ou mulleres que están a romper o tradicional papel da muller no mar.  

O título proposto para este ano 2018 é o seguinte: IV Xornadas divulgativas sobre o papel da muller no sector pesqueiro e conserveiro: Mulleres de cine. 

Sereas nace froito da colaboración entre ambas as fundacións nas III Xornadas divulgativas sobre o papel da muller no sector pesqueiro e conserveiro: novos retos. A experiencia conxunta e a visión de ambas as entidades sobre as cuestións de xénero no noso sector, que representan a transformación e a extracción dos produtos pesqueiros, púxonos na pista no baleiro do rexistro das experiencias laborais e persoais femininas no mundo do mar en Vigo. Detectamos, polo tanto, a necesidade de visualizalo e analizalo documentalmente. Como xa contamos nas devanditas Xornadas, a muller do mar en Vigo ten unha importancia non recoñecida nin valorada. Malia ser a protagonista obreira da revolución industrial da cidade, ao longo do século XX e mesmo no XXI non existen investigacións que falen da súa importancia na configuración do Vigo contemporáneo e das súas achegas. Para remedialo, por unha parte, temos que incentivar os estudos de xénero nas industrias, divulgar e pór en valor os testemuños destas mulleres, gardar os seus relatos, que contribúen e achegan fontes de información sólidas para configurar a historia esquecida. Se os arquivos documentais conteñen os datos, nós pretendemos achegar os relatos, facer historia oral nun formato audiovisual para chegar amplamente aos medios de difusión actuais; ademais, as vantaxes informativas e documentais deste formato permítennos coñecer as persoas, os rostros, as voces… Daquela, o obxectivo xeral é recuperar a memoria das traballadoras viguesas, na súa maioría vinculadas á industria do mar, e valorizar as súas achegas, amais de servir de base e fomento para a investigación do sector e do papel da muller na configuración da nosa identidade.  

Fonte de inspiración 

Cruz Piñón, Consuelo Picos, Carmen Bouza, Lucía Pita e Carmen Couce, coñecidas pola iniciativa «Teño unha horta en San Sadurniño», da man da axente da aula CeMIT, Carmen Suárez, asinan o documental Historia do cisne, o atún e a troita, que relata os avatares da conserveira. Elas xa teñen a súa canle de YouTube, na que editan os seus traballos xunta o resto de obras da última edición do ciclo Chanfaina Lab. 

Por outra banda, queremos tamén convidar o cineasta Álvaro Gago que, coa súa curta Matria, obtivo o gran premio do xurado do Festival de Sundance, a cita norteamericana máis importante de cine independente. O galardón súmase así a outros obtidos pola curta na Seminci e Alcine, onde ademais Francisca Iglesias gañou o premio na categoría de mellor actriz no seu paso polo Festival de Cartagena. Matria ten como protagonista a Ramona, traballadora dunha conserveira. 

Temos a intención de salientar o protagonismo das mulleres do mar nos audiovisuais desde o seu punto de vista, como o caso das mulleres de conservas O cisne, onde elas crean e reconstrúen o seu pasado baseándose na experiencia laboral, e no caso de Matria, baixo a mirada do cineasta que sitúa o obxectivo da cámara nas mulleres que habitan as fábricas das conservas.  

OBXECTIVOS
 
* Dar visibilidade ao papel da muller do sector extractivo e transformador no pasado, o presente e o futuro.
* Poñer en relevo a importancia do papel da muller no sector mar-industria para reivindicar as súas achegas e tomar de conciencia do seu protagonismo.
* Valorizar a importancia da muller como icona obreira da Revolución Industrial en Galicia, imaxe nunca representada. 
* Valorizar e reivindicar o papel transformador das mulleres traballadoras e as súas achegas a través da súa propia linguaxe. 
* Fomentar que elas conten e narren en primeira persoa a súa experiencia vital e o seu labor. Que sexan protagonistas e tomen a iniciativa, aínda que xa non estean en activo. 
* Que sexan inspiración para creadores e que as tomen como protagonistas.
* Coñecer e amosar a realidade das mulleres pioneiras; empresarias e mulleres do mar, mulleres metidas nos tradicionais roles masculinos, e a súa experiencia como impulsoras para derrubar barreiras.
* Divulgar e valorizar o papel feminino dos oficios do mar. 
 
 

PROGRAMA 

 volver