• Fachada CYTMA
  • Cabecera latas
  • Frescos
  • Elaboracion atun
  • Pescas
  • lab
  • sala
  • Receta

Buscar en toda la web

CalendarioEventos

       
  
 
 
 

 
 


 
 
 
 
 

Noticias

FUNPROMAR e FUNDAMAR celebran as VII Xornadas Divulgativas do Papel da Muller no Sector Pesqueiro e Conserveiro. Referentes do Presente e do Pasado

25 de octubro de 2021 - O consorcio formado pola Fundación Clúster de Conservación de Productos del Mar —FUNPROMAR e Fundación para la Pesca y Marisqueo FUNDAMAR realizan un ano máis as Xornadas divulgativas sobre o papel da muller no sector pesqueiro e conserveiro, no marco de colaboración da marca SEREAS, creada no 2017 por ambas entidades, como proxecto divulgativo ao servizo da visibilización do papel da muller dentro do sector extractivo e transformador de produtos do mar.
Neste 2021, o obxectivo das xornadas, que celebran a súa VII edición, será presentar, o vídeo documental "Pegadas esvaecidas”, en relación ás referentes do pasado, e dúas novas fichas de protagonistas que pasarán a formar parte do repositorio do portal www.sereasdomar.org: "As redeiras da Guarda” e "Máis alá da morriña”, con Sara Muñiz, Directora de Conservas La Vieira, como referentes do presente.

O acto, que terá lugar o martes 26 de outubro de 2021, a partir das 17:00, na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo, no que se poderá participar de maneira presencial ou online, previa inscrición, contará coa participación da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, a concelleira de Igualdade do Concello de Vigo, Uxía Blanco, o presidente de FUNDAMAR Javier Touza, o secretario xeral de ANFACO-CECOPESCA Juan Vieites Representante legal de FUNPROMAR, a xerente de FUNDAMAR María Caldeiro e Mariña López do Museo ANFACO da industria conserveira.
 

+ info:



Tel: +34 986 469301
 volver